Concerto Habelas Hainas

O pasado día 19 de febreiro, o alumnado de secundaria, quinto e sexto de primaria asistimos ao concerto das Habelas Hainas, no Auditorio Manuel María no Carballiño, conmemorando o Día de Rosalía de Castro. A actividade estivo organizada polos equipos de normalización do IES Chamoso Lamas e o CPI Virxe da Saleta de Cea. O concerto presentárono dúas alumnas da escola de Cea, Uxía Álvarez e Uxía Vázquez. O concerto comezou co "Festiña por Dentro" e despois tocaron o "Pan,Traballo e Teito" acompañadas de Alicia e Mauro do colexio de Cea. Ligazón a "Pan, traballo e teito" con Alicia e Mauro No medio do acto, Clara e Alicia da escola de Cea leron o manifesto de Ana Romaní para o Día de Rosalía 2019, proposto pola AELG para celebrarmos este día co lema "Libre o meu Pensamento". Ligazón á Lectura do manifesto por Clara e Alicia Ao rematar o manifesto, o grupo de teatro do Chamoso representou o poem...