Salvadora - Habelas Hainas

Salvadora

Trad. San Salvador de Padreiro/Habelas Hainas

NON TODAS PREFERIMOS O PAXARO NA MAN,
A OUTRAS DÁNOS POLO CENTO VOANDO...”
(ANDREA NUNES)

Ligazón YouTube: Salvadora


Toca miña pandeireta
costoume cinco reais
as malas linguas do mundo
din que ma deu un rapaz

E vai de rumbiña e vai de rumba
e vai de rumbiña a noite toda
a noite toda e o día tamén
non quero que collas amor con ninguén

Voa o aire voa o aire
voa o aire voa o vento
así como voa o aire
tamén voa o pensamento

Olvidar para querere
é unha ignorancia tola
como deixar unha fonte
para ir beber a outra

Axúdame compañeira
axúdame camarada
axúdame compañeira
a facer a foliada

Acabade de contado
que vou dar a pandeireta
ou batela e ao tellado
ou batela e ao tellado



Comentarios

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas