Pan, traballo e teito - Habelas Hainas

 PAN, TRABALLO E TEITO

Trad. Ruada de Chamosa/Habelas Hainas

“O POBO TEN DEREITO A PAN, TRABALLO E TEITO”
“O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS)

Ligazón YouTube: Pan,traballo e teito
 
Somos da Galiza somos
temos a Terra e o Mare
tamén temos os caciques
que non fan máis ca roubare

Seica somos terroristas
pola xustiza pedire cartos
e nas cadeas do mundo
os corruptos han vivire

Ti que tes banqueiro
ti que demos tes
roubaches os cartos
dime onde os tes?

Tanta xente sen traballo
tanto traballo pendente
tanta xente sen un teito
tantos teitiños sen xente

Berrade todas a unha
a loitar polos dereitos
berrade todas a unha
polo pan, traballo e teito!

Ti que tes banqueiro
ti que demo tes
déixasnos sen casa
cando ti tes cen

Traballar eu traballei
non houbo cotización
sen dereitos nin contratos
non cobro a xubilación

As mulleres feministas
estamos todas en loita
unimos as nosas voces
de nós depende a forza

E vaite de aí
xa podes marchar
que na miña vida
non vas gobernar






Comentarios

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas