Media calada - Habelas Hainas
Media Calada
“O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS)
das montañas de auga pura
como a meniña Carmela
foi ao baile e veu a escuras.
Esta historia que comeza
no lugar de Millo Verde
como a meniña Carmela
foi ao baile, foi por verte.
Ela estaba coas amigas
recibiu unha mensaxe
hoxe á noite na de Moha
hai foliada, viva o Calpe!
El estaba no torreiro
alí estaba agardando
cos zapatiños na man-e
e o ollar enfeitizado.
Sae lúa, sae clara
devezo por atoparte
sae lúa en Compostela
hai foliada, logo Avante!
O salaio chega chega
o latexo reloucando
que de lonxe xa se escoitan
as gaitiñas afinando.
E a pandeireta no bolso
tintinea cando ando
ti agardas en Cervantes
queridiño vou chegando.
Vente vindo
vente andando
non quero que o mundo diga
que eu por ti vou esperando
Ven bailar Cariña Carmiña Carmela
con zapato baixo e media de seda
e media de seda e media calada
ven bailar Carmiña miña namorada.
Carmiña embriagadora
dona dos nosos anceios
que viaxaches dende lonxe
para quedar nestes tempos
Carmiña estaba un día
de festa por este barrio
quería atopar alguén
para bailar este agarrado.
Comentarios
Publicar un comentario