Latexo Roxo - Habelas Hainas
Latexo Roxo
Letra e música: Habelas Hainas
“A VIDA EN SI É UNHA LOITA”
(LUZ FANDIÑO)
“O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS”
(ANGELA DAVIS)
Ligazón YouTube: Latexo Roxo
Un latexo roxo aberto
late no meu peito
libre sempre loitará
Da xustiza polo humano
resiste meu pobo
do pobo sempre serás
Sendo semente da terra
nesta lúa acesa
chea de bágoas de mar
Coa forza inextinguible
da nena que berra
érguete para soñar
Liberada sen prexuízo
ausente de malicia
flor vermella irmá
Primavera desgarrada
en mentes que abrollaron
querendo ver máis
Muros da memoria gardan
segredos de olladas
queren silenciar
Muda o tempo
muda a ialma
mais aquí ficamos
non nos han calar
Comentarios
Publicar un comentario