Concerto Habelas Hainas



O pasado día 19 de febreiro, o alumnado de secundaria, quinto e sexto de primaria asistimos ao concerto das Habelas Hainas, no Auditorio Manuel María no Carballiño, conmemorando o Día de Rosalía de Castro. A actividade estivo organizada polos equipos de normalización do IES Chamoso Lamas e o CPI Virxe da Saleta de Cea.





O concerto presentárono dúas alumnas da escola de Cea, Uxía Álvarez e Uxía Vázquez.


O concerto comezou co "Festiña por Dentro" e despois tocaron o "Pan,Traballo e Teito" acompañadas de Alicia e Mauro do colexio de Cea.







No medio do acto, Clara e Alicia da escola de Cea leron o manifesto de Ana Romaní para o Día de Rosalía 2019, proposto pola AELG para celebrarmos  este día co lema "Libre o meu Pensamento".



Ao rematar o manifesto, o grupo de teatro do Chamoso representou o poema "Xan" de Rosalía de Castro e logo continuaron as Habelas no palco facéndonos disfrutar da súa música.



Ao rematar o concerto fixémoslles unha entrevista a Jara, Patricia e Arantza xa que Sandra non puido quedar.


Podedes ver a entrevista premendo aquí


Ao acabar a entrevista fixémonos esta foto coas Habelas Hainas dando todas as persoas un paso adiante a favor do feminismo.


Por último podedes ver máis fotos tomadas no concerto nesta ligazón.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas