Finish Terrae - Habelas Hainas

Finish Terrae

Tema 1: Trad Cuba: -Juan Ferreiro (Laroa)
Tema 2: Trad. Finlandia “Voti kaalina”

“UNHA CANTIGA DE AMOR, DE AMOR PROPIO. VOAREI SEN TI, EU VOAREI...”
“O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS)

Ligazón YouTube: Finish Terrae


 Laranxeira duns cen anos
bota raíces de prata
voarei, sen ti, eu voarei
tomar amores non custa
olvidalos si que mata
voarei, sentín, eu voarei
Ai! mal raio che partira
cando para min miraches
voarei, sen ti, eu voarei
se era que non querías
para que me namoraches
voarei, sentín, eu voarei
Deixa de ser lume novo
medra por dentro e por fóra
voarei, sen ti, eu voarei
que o mal tempo dos suspiros
arrecende a rosa nova
voarei, sentín, eu voarei
Tanto tempo compartido
respirando o mesmo alento
voarei, sentín eu voarei
espertando dun silencio
alcanzando un novo tempo
voarei, sentín, eu voarei
klitos



Comentarios

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas