Entradas
Todos os días debían ser 8M
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O pasado 8 de marzo día da muller, saímos ás rúas, paralizando o mundo para reclamar os nosos dereitos, a discriminación salarial … unidas por un mesmo motivo, o feminismo. O feminismo é un movemento encabezado por nós, as mulleres, que busca a igualdade. Os 365 días do ano debían ser 8M, porque a loita pola igualdade lévase a cabo día tras día, nas situacións máis comúns, pero de ser así ¿Por que é necesario o 8M? A folga do 8M busca un paro total da muller en todos os espazos, no ámbito laboral, estudiantil, folga de coidados… o obxectivo é visibilizar a importancia da muller en todos os ámbitos.É unha maneira de facernos ouvir, de reflexar todo eso polo que loitamos os 364 días restantes. Porque hai persoas que queren que o feminismo siga sendo un mito, persoas que nos queren silenciar, que levan anos facéndonos creer que temos que baixar a cabeza, decir sempre que si.Tamén nos ensinaron a odiar ás nosas compañeiras,a xulgarnos pola cantidade de roupa que...
Concerto Habelas Hainas
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones

O pasado día 19 de febreiro, o alumnado de secundaria, quinto e sexto de primaria asistimos ao concerto das Habelas Hainas, no Auditorio Manuel María no Carballiño, conmemorando o Día de Rosalía de Castro. A actividade estivo organizada polos equipos de normalización do IES Chamoso Lamas e o CPI Virxe da Saleta de Cea. O concerto presentárono dúas alumnas da escola de Cea, Uxía Álvarez e Uxía Vázquez. O concerto comezou co "Festiña por Dentro" e despois tocaron o "Pan,Traballo e Teito" acompañadas de Alicia e Mauro do colexio de Cea. Ligazón a "Pan, traballo e teito" con Alicia e Mauro No medio do acto, Clara e Alicia da escola de Cea leron o manifesto de Ana Romaní para o Día de Rosalía 2019, proposto pola AELG para celebrarmos este día co lema "Libre o meu Pensamento". Ligazón á Lectura do manifesto por Clara e Alicia Ao rematar o manifesto, o grupo de teatro do Chamoso representou o poem...
Músicas galegas en concerto
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones

Músicas galegas en concerto Presentámosvos o novo proxecto de Laura Romero que se chama Músicas Galegas en Concerto. Este proxecto consiste nunha axenda de concertos de músicas galegas no contorno galego, co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres na música galega. De momento conta con máis de 30 eventos durante os meses de febreiro e marzo. Alí xa está subido o concerto das Habelas Hainas no Carballiño.
Festiña por dentro - Habelas Hainas
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Festiña por dentro Letra: coplas escollidas “Has de cantar”, ROSALÍA DE CASTRO Trad/Memela Riobóo/Habelas Hainas “H DO SILENCIO, MUDA A MULLER QUE SOA” “O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS) Ligazón YouTube: Festiña por dentro Ligazón Vimeo: Festiña por dentro Se cantas faremos que feira rapaza se cantas faremos festiña por dentro festiña por fóra Que así mo pediron que así mo mandaron que cante, que cante na lingua que eu falo Na noite ou na sera de noite ou de día oirasme cantando por montes e veigas Ao son da pandeira ao son da gaitiña pídoche que cantes rapaza morena Que cante, que cante na lingua que eu falo e faremos festiña por dentro festiña por fóra
Maios - Habelas Hainas
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Maios Maio 1: Trad. Maio 2: Trad/Habelas Hainas “Resistindo á sabotaxe cultural por parte do concello á Feira da Primavera 2015 do noso benquerido barrio de S. Pedro, que segue brillando con luz propia” “PARA QUE NON HAXA MÁIS PRIMAVERAS SEN LUZ” “O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS) Ligazón YouTube: Maios Para facer os maios temos que coller un feixe de flores e ago que dizer Vinde meu amigo veremos nacer flores e fiúnchos logo do mencer Levántate maio que tando durmiches pasou o inverno e non o sentiches Prenderemos lume na noite enmeigada ficarannos brasas para a madrugada Pra facer os maios temos que coller un feixe de flores e algo que dizer Maio Maio chega a San Pedro vén con flores fiúnchos e fentos Maio Maio entra no barrio bótennolo maio señoras de San Pedro se non tendes maio oh! Bótennos diñeiro Aí vén o Maio pola rúa do Medio cantaremos coplas, botemos o inverno Maio maio chega a Sa...
Finish Terrae - Habelas Hainas
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Finish Terrae Tema 1: Trad Cuba: -Juan Ferreiro (Laroa) Tema 2: Trad. Finlandia “Voti kaalina” “UNHA CANTIGA DE AMOR, DE AMOR PROPIO. VOAREI SEN TI, EU VOAREI...” “O FEMINISMO É A IDEA RADICAL DE QUE AS MULLERES SOMOS PERSOAS” (ANGELA DAVIS) Ligazón YouTube: Finish Terrae Laranxeira duns cen anos bota raíces de prata voarei, sen ti, eu voarei tomar amores non custa olvidalos si que mata voarei, sentín, eu voarei Ai! mal raio che partira cando para min miraches voarei, sen ti, eu voarei se era que non querías para que me namoraches voarei, sentín, eu voarei Deixa de ser lume novo medra por dentro e por fóra voarei, sen ti, eu voarei que o mal tempo dos suspiros arrecende a rosa nova voarei, sentín, eu voarei Tanto tempo compartido respirando o mesmo alento voarei, sentín eu voarei espertando dun silencio alcanzando un novo tempo voarei, sentín, eu voarei klitos