Todos os días debían ser 8M

O pasado 8 de marzo día da muller, saímos ás rúas, paralizando o mundo para reclamar os nosos dereitos, a discriminación salarial  … unidas por un mesmo motivo, o feminismo.
O feminismo é un movemento encabezado por nós, as mulleres, que busca a igualdade.
Os 365 días do ano debían ser 8M, porque a loita pola igualdade lévase a cabo día tras día, nas situacións máis comúns, pero de ser así

¿Por que é necesario o 8M?

A folga do 8M busca un paro total da muller en todos os espazos, no ámbito laboral, estudiantil, folga de coidados… o obxectivo é visibilizar a importancia da muller en todos os ámbitos.É unha maneira de facernos ouvir, de reflexar todo eso polo que loitamos os 364 días restantes.

Porque hai persoas que queren que o feminismo siga sendo  un mito, persoas que nos queren silenciar, que levan anos facéndonos creer que temos que baixar a cabeza, decir sempre que si.Tamén nos ensinaron a odiar ás nosas compañeiras,a xulgarnos pola cantidade de roupa que levemos...
Porque caladiñas estamos máis guapas, porque o noso xoguete preferido sempre tivo que ser unha boneca xa que ser nai é o  máis bonito de ser muller, porque nós o buscamos ao andar así vestidas, porque se un rapaz nos trata mal e que lle gustamos, porque se se cela é que te quere, porque as mulleres non podemos decir malas palabras, e que o fútbol é cousa de homes … e despois de escoitar todo isto o que temos que facer é calar.

E este 8M milleiros de mulleres saímos ás rúas pra recordarlles que non, caladiñas nn estamos máis guapas.

E é por isto, para impedir que nos silencien, para demostrar que podemos facer o que queiramos sen ser xulgadas, que non imos permitir que decidan po nós, que nos infravaloren... polo que o 8M saímos ás rúas.

Para loitar polas que xa non están e polas que han de vir. Por nós, polo que vai mudar o mundo.. que a revolución será feminista ou non será.
Porque xa só nos queda arder.


                                             
  Sara López Gómez
                                                                                                                          
Xiana Vázquez Pérez

Comentarios

  1. "Para loitar polas que xa non están e polas que han de vir".
    E por vós mesmas, que ben o merecedes.
    Grazasssss.
    Polos 365 días.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas