Construíndo igualdade, desmontando mitos
Construíndo
igualdade, desmontando mitos
O vindeiro xoves, día 7 de
febreiro, comezaremos unhas xornadas feministas con Antia Pousa,
activista na Marcha Mundial das Mulleres e membro da cooperativa Xeracción.
O proxecto nace dunha
conversa cotiá nun dos tempos de lecer no que, despois de debater
entre nós, decidimos argallar algo para dar a coñecer as nosas
inquedanzas. Finalmente pensamos que poderíamos organizar unhas
xornadas feministas para que o alumnado e o profesorado reflexionasen
sobre certas cuestións e se concienciasen da importancia deste gran
movemento. Para orientarnos decidimos contactar con Antía, xa que o
ano pasado tamén estivera no centro pero nun horario non lectivo,
polo que moitas persoas non asistiron.
Co noso pequeno gran de
area, tentamos construír un mundo baseado na igualdade e o respecto.
Para iso, primeiro deberemos desmontar os mitos que nos impiden
avanzar.
Agradecemos moito a Laura Romero que nos achegase o deseño para este cartaz.
Agradecemos moito a Laura Romero que nos achegase o deseño para este cartaz.
Como orientadora sempre me parece unha boa idea sentarse e falar, canto máis sobre algo tan necesario como a igualdade de dereitos entre homes e mulleres!
ResponderEliminarNoraboa polo blog, chic@s!
Parabéns por esta iniciativa. Con estes grans de area habedes de construír un mundo ben melhor, Grazas polo voso trabalho. E exemplo. Non faltarei a esta convocatoria. Grazas, grazas por propiciar a actividade.
ResponderEliminar