Artigo Habelas Hainas



Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con…


Habelas Hainas é un grupo compostelán que se formou en 2010 cando as catro mulleres que o compoñen, Sandra Tamayo, Patri Gamallo, Arantza Alfaia, Jara Ortiz, cada unha cunha longa historia no mundo da música tradicional, cruzaron os seus camiños.

Forman un crebacabezas onde os catro estilos se complementan persoalmente. O seu punto de partida é a música instrumental da raíz da que utilizan recursos dos instrumentos tradicionais para crear un son enerxético, fresco e orixinal. A súa música ten raíz galega con trazos feministas e sociais.

¿Tiñan claro levar a cabo esa loita feminina a través da música? «Sáenos de xeito natural. É fácil porque as catro temos a mesma enerxía e visión das cousas. Para nós era natural reivindicar a muller na música», asegura Ortiz.

Actuaron por primeira vez no festival Feito a Man despois de oito anos de traballo.

Habelas Hainas, despois dunha intensa traxectoria como músicas ao vivo, presentan 'Livres e Loucas'. Este é o título do seu primeiro disco, que publicaron o 6 de decembro de 2017 e que conta con 13 cancións. “Habelas Hainas somos todas as mulleres silenciadas e invisibilizadas”, así comeza o prólogo do disco.
«O disco supuxo un antes e un despois. Nós somos unhas músicas que nos coñecemos nas tascas e agora chámannos moito máis e empezamos a subir a outros escenarios», explica Jara Ortiz.


Fontes:

Feito por Alicia, César de Bautista e César Aviñoá.

Esta é a portada do disco.
Habelas Hainas.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas