Artigo Alba María e Sara Marchena




Alba María naceu en 1995 nas Palmas de Gran Canaria onde pasou os primeiros anos da súa infancia. A música canaria influíulle moito na súa carreira musical mais sería a súa avoa de Tuiriz (Lugo) a que a animou ao canto. Estudou música no CMUS de Vigo e participou en diversos certames de poesía e improvisación, sendo unha destacada poeta e regueifeira. En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Libre da Música Popular Galega, da Central Folque, e en 2014 preséntase e gaña o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir desto a súa vida artística mudou drasticamente xa que o premio consistía na gravación dun disco e edición deste polo propia Central Folque . De aquí xorde “Aínda”, un disco que contou cos arranxos dos artistas cubanos afincados en Galiza, Alejandro Vargas e José Manuel Díaz. Tamén contou coa colaboración Pedro Pascual (Marful), Felipe Villar, Óscar Fernández (Os Cempés), Carlos Freire, Gutier Álvarez…

Este disco tivo unha gran acollida tanto en teatros como en auditorios e concertos ao aire libre, tal que ata se presentou no Culturgal de 2014 e a finais do 2015 esgota a súa primeira edición e xa vai pola segunda.

En 2017 Alba María publicou o seu primeiro libro chamado regueifa en Bergantiños, un estudo da regueifa neste lugar que fixo como traballo de fin de grado.
Actualmente Alba María está dando moitos obradoiros ao redor de Galicia acompañada doutras célebres regueifeiras como Sara Marchena.

Sara Marchena naceu e estudou en Vigo, graduouse en lingua e literatura galegas e é estudante no mestrado de educación. Sara iniciouse na regueifa a partir duns obradoiros que impartían no seu instituto. Isto motivouna a comezar a impartir obradoiros pola súa conta.


Sara Marchena


Alba María











Regueifas Sara Marchena e Alba María



Fonte:
http://artistas.folque.com/alba-maria/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2017/12/13/span-langglalba-maria-rodriguez-trae-spanspan-langgl-festa-regueifeira-carballo-mais-plans-hoxespan/0003_201712C13C10991.htm

Feito por Belén e Clara.


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Maios - Habelas Hainas

Marmuradoras - Habelas Hainas

Hymne des femmes - Habelas Hainas