Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

Visita a Compostela

  CRÓNICA DA VISITA A COMPOSTELA O día 18 de outubro as persoas de 3º e 4º da ESO visitamos Compostela para realizar dúas actividades. De mañá, puidemos asistir á r epresentación da obra Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena , unha montaxe de teatro-circo a cargo da compañía Pistacatro, en coprodución co Centro Dramático Galego, adaptada e dirixida por Quico Cadaval a partir da novela homónima de Méndez Ferrín. Na parte da tarde, asistimos á exposición “Castelao Maxistral”, elaborada ao redor do cadro A derradeira leición do mestre , de Castelao. É esta última actividade a que centra o noso primeiro artigo na estrea do blogue A Cerna da Lingua. A derradeira leición do mestre é un óleo de Castelao, presentado publicamente en Bos Aires o 17 de agosto de 1945 na conmemoración do fusilamento do seu amigo Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936, data na que se conmemora o Día da Galiza Mártir. O cadro de 1945 reproduce a escena da estampa número seis do ...