Marmuradoras - Habelas Hainas
Marmuradoras Trad/Habelas Hainas “ CARBALLEIRA ESCURA, ANDA NENA VIVE LIBRE RITE DE QUEN TE MARMURA” Ligazón YouTube: Marmuradoras Por esa que mal me quer e da que min marmurou vou botar unha cantiga xa ves o que me amolou O río cando vai cheo leva carballos e follas tamén podía levare as linguas marmuradoras Coas linguas marmuradoras non sei o que hei de facere darlles plomo derritido e solimán a bebere Marmura, marmuradora marmura sempre ruín, eu sempre fun marmurada de quen é menos ca min